
Entroido 2026
- Categorías Blog, Blog CVA, Noticiero, Sin categoría
- Fecha 30 de enero de 2026
Bo día familias:
O venres 13 de febreiro celebraremos no colexio o Entroido 2026.
Pola mañá, o alumnado gozará dunha cantina especial, preparada polos nenos e nenas de 4º da ESO, na que haberá produtos doces, salgados e bebidas.
Pola tarde, terá lugar a celebración no Centro Cultural de Cabral, xunto coas familias, ás 16:30 h, como vimos facendo nos últimos anos.
Agardamos contar con vós para compartir esta festa tan especial.
Adxuntamos os mandatos do Meco e a circular do festival do entroido.
Luns 9: Se lector queres parecer, unhas lentes molonas has de traer.
Martes 10 :Se ao cole queres entrar, un gorro de conto terás que levar.
Mércoles 11: Para o Entroido celebrar, roupa moi moi grande debes levar.
Xoves 12: O ENTROIDO VAI REMATAR, E CON ZAPATOS TOLOS IRÁS!
Venres 13: se co entroido queres gozar, mañá ao cole, disfraz libre sen pensar!
Grazas!
Un saúdo
También te puede interesar
Convocatoria de las AMES 2026-2027
Vigo en Inglés 2026





