“Ler non é só mirar palabras: é abrir portas a mundos novos, e neste club queremos entrar neles da man dos nosos pequenos grandes lectores.”
Ola, a tod@s!
Son Roque, o novo amigo de Paco. Este curso chego con moitas ganas de coñecervos e de mergullarnos xuntos nun mundo cheo de aventuras, emocións e personaxes inesquecibles.
Acompañareivos ao longo do ano para recomendarvos libros, descubrir autoras e autores fascinantes, e sobre todo, para encher as aulas de historias que nos fagan rir, pensar e soñar.
Primeiro reto “Leamos en familia”
No Colexio Vista Alegre comezamos o noso primeiro reto lector do curso: “Lemos en familia”.
Queremos que a lectura saia das aulas e chegue tamén ás casas, compartindo momentos especiais entre nais, pais, fillos e fillas.
💡 Como participar:
Escollede un libro, conto ou historia que vos guste.
Lede xuntos en voz alta ou representade algunha parte.
Compartide despois as vosas impresións cun debuxo, unha pequena reseña ou un vídeo.
Porque ler en familia une, ensina e emociona.
O noso rincón de lectura
Ola, pequenos grandes lectores!
Hoxe quero falarvos dos recunchos de lectura, eses lugares especiais onde vos gusta sentar, soñar e viaxar coas historias dos libros. Cada quen ten o seu: pode ser un sofá cómodo, unha casiña na árbore, a cama, un recuncho do patio ou mesmo debaixo dunha manta.
O importante é que ese sitio vos faga sentir tranquilos, cómodos e con ganas de mergullarvos na lectura.
Por iso, anímovos a compartir connosco o voso recuncho lector.
Podedes sacar unha foto mentres ledes nese lugar tan especial e enviárnola. Así faremos un mural cheo de maxia, onde veremos que ler pode ser marabilloso en calquera sitio.
¡Estou desexando descubrir onde se agochan os vosos momentos de lectura máis felices!
Un abrazo lector
Tercer reto: Conto ou historia de NADAL
Propóñovos poñervos o pixama ou un look navideño, sentar preto da árbore do Nadal e ler un conto sobre esta época tan máxica.
Se non tedes ningún conto do Nadal na casa, non vos preocupedes: podo recomendarvos algunhas páxinas e bibliotecas en liña onde atopar esa historia perfecta para a ocasión.
Aquí tedes algunhas suxestións… https://ririro.com/es/tag/navidad/ mumablue, biblioteca cervantes….
Comparte o teu libro favorito!!!
Este luns día 16 de marzo, convídovos a traer ao cole un libro que vos guste moito moitísimo e que queirades compartir. Imos facer un intercambio de libros entre compañeiros e compañeiras para descubrir novas historias.
Despois do intercambio, leremos os libros nas horas de lectura, así cada un poderá comezar a gozar da nova lectura que lle tocou.
Lembrade traer un libro que estea en bo estado e que vos gustaría que outro compañeiro lese.
Animádevos a participar! Seguro que entre todos atopamos historias moi divertidas e interesantes.
Compartir o teu libro favorito é compartir unha historia que che gustou moito. É como dicirlle a un compañeiro: “Este libro fíxome rir, pensar ou imaxinar… e gustaríame que ti tamén o descubrises.”
Cando prestamos ou intercambiamos un libro, as historias viaxan dun lector a outro e cada persoa pode vivilo dun xeito diferente. Así descubrimos novos personaxes, aventuras e tamén aprendemos a coidar e respectar os libros dos demais.
Porque ler é bonito, pero compartir as lecturas aínda o é máis.
23 de abril: Día do libro
Roque, nesta ocasión, propón unha actividade moi especial para Primaria e ESO con motivo do Día do Libro. A súa iniciativa busca fomentar o gusto pola lectura e promover valores como o respecto, a responsabilidade e o intercambio entre iguais.
A proposta consiste en que cada neno e nena traia un libro da casa, en bo estado, co obxectivo de intercambialo por outro para sempre. Deste xeito, o alumnado terá a oportunidade de descubrir novas historias e compartir lecturas cos seus compañeiros e compañeiras.
Os libros serán expostos no salón de actos o día do libro, organizados por ciclos, para facilitar a súa visualización e elección. Para poder levar un libro, será imprescindible traer outro para intercambiar, promovendo así un sistema xusto e colaborativo. Os días de entregar os libros os titores, serán o 20,21 e 22 de abril
Unha vez realizado o intercambio, dedicarase un tempo á lectura, permitindo que cada participante comece a gozar do seu novo libro nun ambiente tranquilo e motivador.
Con esta actividade, Roque pretende converter o Día do Libro nunha experiencia significativa, reforzando o valor da lectura como ferramenta de aprendizaxe e disfrute.






