Benvidos a Polos Creativos
Traballamos en grupos
Cando traballamos en grupo, non só logramos os nosos obxectivos de forma máis eficaz, senón que tamén reforzamos os vínculos cos nosos compañeiros e cultivamos o sentido de comunidade.
Investigamos sobre cousas novas
Mentres nos mergullamos na procura do descoñecido, enfrontámonos a desafíos emocionantes e descubrimentos fascinantes.
Vivimos novas experiencias
Vivir novas experiencias é como abrir un libro en branco e mergullarse nunha viaxe de descubrimento.
Solucionamos conflictos
En cada situación de conflito, buscamos non só resolver as diferenzas, senón tamén fortalecer as relacións e tender pontes para unha comprensión máis profunda.
Mostramos e compartimos os resultados
Neste punto, celebramos os logros acadados e damos voz ás nosas contribucións individuais dentro do equipo.
“Os tesouros de Galiza”
Os polos creativos están concebidos como «centro de actividades» de carácter tecnolóxico «abertos ás comunidades locais». É dicir, buscan o desenvolvemento de «competencias dixitais e científico-tecnolóxicas e artísticas do conxunto da cidadanía». Así, ofértanse iniciativas formativas para «diversos colectivos» coa «participación de alumnado, profesorado e as familias»
A proposta tamén outorga autonomía aos centros educativos para configurar as accións vinculadas aos polos, que serán xestionados por un equipo dinamizador que terá á fronte a unha persoa coordinadora.
No noso centro, o grupo dinamizador corresponde ao equipo directivo.
Estes espazos esteblécense no marco da Estratexia Educación Dixital 2030, de maneira que albergan actividades de tipo taller tanto para o profesorado como para o alumnado e, no seu caso, as familias, desde unha óptica de aprendizaxe conxunta e comunitaria. Así mesmo, desenvolven proxectos mediante a experimentación, o prototipado e a construción. Tamén albergan prácticas de investigación e proxectos baseados na abordaxe de problemas reais que inclúan a innovación e fabricación a pequena escala.
Funcionan como centro de actividades nos que se traballa a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, mecanizado de diferentes materiais, electromecánica, robótica ou microcontroladores, entre outras.
O polo creativo do noso centro, “Os tesouros de Galiza”, constitúe un espazo educativo innovador organizado didácticamente para fomentar:
- a creatividade a través da superación de retos.
- a consecución de proxectos e a resolución de problemas
- a construción de resultados tanxibles.
Enfócase na aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria para favorecer o desenvolvemento das competencias artística e dixital. Promove accións que implican a participación do alumnado nunha actividade de creación dun proxecto baseado na arquitectura, o deseño creativo e as novas tecnoloxías a través da creación dos monumentos arquitectónicos, elementos do folclore e espazos naturais mais relevantes de Galiza.
A ponte de Rande, o faro de Cabo Home ou a gaita galega constitúen algúns dos elementos que estamos a traballar dende as aulas a través dunha perspectiva multidiscipolinar establecida en 3 bloques creativos: Ed. Infantil, Ed. Primaria e ESO.
Por unha banda, as tres aulas de educación infantil traballan nun proxecto conxunto; cada aula de ducación primaria en cadanséu e o equipo da eso (docentes e alumnado) traballará como soporte técnico, científico e instrumental para infantil e primaria.
Unha vez rematado a arte final de cada proxecto, os equipos de polos creativos Vista Alegre crearán un site co seu código Bidi (sistema de codificación semellante a un código de barras, bidimensional que se pode utilizar de forma privada e, neste caso, cunha finalidade educativa. ) asociado a cada uns dos tesouros para albergar todo o relativo ao proceso creativo e de construcción ademais de toda a información, historia e repercusión cultural do elemento escollido para desenvolver o proceso de divulgación á nosa comunidade educativa a través dunha exposión aberta o xoves 15 de maio de 2024.
Se se potencia a creatividade irá aumentando co paso dos anos e o individuo irá atopando formas novas de resolver problemas e obter ideas orixinais.
Xorde sen máis, non se trata de establecer unha proposta para que apareza. Non se pode forzar, pero si é certo que, canto máis se poña en práctica, con maior facilidade aparecerá no individuo.
As técnicas creativas dos polos é o que pretenden. Que creza como unha semente de faba despois de regala.
O foco non só se atopa no contido. Tamén en facer que este teña unha transcendencia no alumno para que sexa produtivo, tome partido e propoña accións que melloren a súa vida diaria.
O polos creativos non fan mais que representar o obxectivo que temos como centro e que tentamos transmitir ao alumnado en cada proxecto que levamos a cabo:
“facer uso da creatividade cun sentimento de liberdade que nos permita vivir nun estado de transformación permanente.”
Pasiño a pasiño
O proxecto “Os tesouros de Galicia” foi concibido como unha iniciativa para investigar e crear elementos representativos da cultura local. Debido á falta de medios e equipamento específico para a fabricación de polos, optouse por utilizar materiais reciclados, fomentando así a creatividade e a conciencia ambiental entre os participantes.
O proxecto dividiuse en diferentes etapas, cada unha centrada nun curso escolar específico:
Infantil: Os estudantes deste nivel crearon unha representación da “Ponte de Rande”.
1º de Educación Primaria (EP): Enfocáronse na construción dun “Hórreo Gallego”.
2º de Educación Primaria (EP): Os alumnos elaboraron un modelo do “Faro”.
3º de Educación Primaria (EP): Participaron na creación de “Muíños do Tripes”.
4º de Educación Primaria (EP): O seu proxecto consistiu na representación dun “Castro Celta”.
5º de Educación Primaria (EP): Os estudantes dedicáronse a crear unha “Gaita”.
6º de Educación Primaria (EP): A súa tarefa foi a elaboración da “Porta do Atlántico”.
Ademais, contouse coa colaboración dos estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), quen contribuíu con propostas de mellora para enriquecer o proxecto.
En resumo, o proxecto “Os tesouros de Galicia” destacouse polo seu enfoque na investigación cultural, a creatividade, e o uso sostible de materiais reciclados, involucrando a estudantes de diferentes niveis educativos na expresión artística e a valoración do seu patrimonio local.
O día 15 de maio abrimos as portas convidando a toda a comunidade a facer un percorrido polo noso traballo.
Pedimos que trouxesen uns cascos e ou móbil para poder visitar o SITE que creou cada grupo de cada elemento e deste modo coñecer os secretos detrás de cada creación e o proceso de cómo se llevou a cabo.
A estes SITES, accedíase por medio dun código BIDI creados cunha cortadora laser no CFR.
E agora lectores, convidámosvos a facer unha visita a cada site. Podedes acceder premendo no ligazón dos códigos BIDI. No que accederedes as páxinas que constan de 2 pestanas. A información sobre o obxecto e a memoria de como se fixo, onde veredes ao alumnado do centro gozando desta gran aventura.
Ponte de Rande
Proxecto de infantil
Horreo Galego
Proxecto de 1 de Primaria
O Faro
Proxecto de 2 de Primaria
Muiños
Proxecto de 3 de Primaria
Castros
Proxecto de 4 de Primaria
A Gaita
Proxecto de 5 de Primaria
A porta do Atlántico
Proxecto de 6 de Primaria