Ecos da terra
A finalidade de este proxecto será coñecer Galicia desde dentro: escoitando a súa música, vestindo a súa historia e vivindo a súa cultura
Durante o curso 2026/27 o proxecto de Polos Creativos continuará a súa liña de anos anteriores, traballando por aulas e fomentando a creatividade, a investigación e a expresión artística do alumnado.
Nesta edición, o eixo central será a música tradicional galega, vinculada aos traxes típicos das diferentes comarcas de Galicia, promovendo así o coñecemento do patrimonio cultural, musical e etnográfico do noso territorio.
Cada aula traballará unha comarca galega concreta, investigando:
- A súa música tradicional.
- Instrumentos típicos.
- Traxe tradicional masculino e feminino.
- Danza e costumes asociados.
- Contexto cultural e histórico.
