Regresar

Ola, amiguiños! 

 

Chámome Tía Chía e estou moi emocionada de estar aquí, no Colexio Vista Alegre de Vigo, para compartir con todos e todas o que máis me gusta: como levar unha vida saudable e chea de enerxía!

As Castañas

Son doces, saudables e perfectas para unha merenda! Galletas de castañas e plátano

Ingredientes:

  • 200 g de fariña de castañas

  • 2 plátanos maduros

  • 1 ovo

  • 1 cucharada de mel ou sirope de agave (opcional, para un toque de dozura)

  • 1 cucharadita de canela

  • 1 cucharadita de fermento en po

  • Unha pizquiña de sal

  • 50 g de améndoas ou noces picadas (opcional)

Instrucións:

  1. Precalentar o forno: Poñemos o forno a quentar a 180ºC mentres preparamos a masa.

  2. Preparamos os plátanos: Esmagamos os plátanos cun garfo ata obter unha especie de puré suave. Canto máis maduros estean, máis doces serán as galletas.

  3. Mesturamos os ingredientes: Nun bol, mesturamos o puré de plátano co ovo e o mel (se o usamos). Logo, engadimos a fariña de castañas, o fermento en po, a canela e o sal. Remexemos todo ben ata que non queden grumos.

Compartimos algunhas recetas dos nosos chefs

Bizcocho castañas

Tía Chía
Read More »

Magdalenas de Castañas

Charlas para familias
Read More »

Ensalada de castañas

Tía Chía: Ensalada de Castañas
Read More »

Bizcocho de Castañas II

Tía Chía: Ensalada de Castañas
Read More »

As Cabazas

Sabías que a cabaza é unha froita? Parece un vexetal, porque a comemos en sopas ou asamos no forno, pero como ten sementes dentro, é unha froita. Pódese utilizar para pratos, doces ou salados.

 

Como pronto imos celebrar Halloween, Paco e eu, os animamos a facer unha receita saudable e saborosa con cabazas e compartila con todos. Recordade que se o facemos en familia ou con amigos pode ser moito mais divertido!!!!.

Podedes traela a cantina do 30 de outubro e así colaborar con esta festividade tan especial, e se facedes unha receita terrorífica podedes participar no concurso de pratos terroríficos e gañar unha cesta sorpresa chea de agasallos.

 

Vémonos prontoooooo!!



Exercitar éncheche de enerxía e saúde!: Estiramos xuntos

Ola, amigos e amigas!

Quería contarvos algo: mañá, 22 de novembro, antes de entrar nas aulas faremos uns estiramentos de 10 minutos. Estes exercicios teñen moitos beneficios e mais na época que empezamos de exámenes e demáis:

  • Axúdannos a espertar o corpo e a mente.
  • Melloran a nosa flexibilidade e postura.
  • Reducen o estrés e as posibles molestias musculares.
  • Prepárannos para comezar o día con enerxía.

¡Esperámosvos a todos!   

De viaxe a Laponia

Ola, amiguiños!

Estamos moi emocionados porque imos de viaxe a Laponia, e no camiño faremos algunhas paradas interesantes. A primeira delas será en Alemaña.

Para facer esta experiencia aínda máis especial, queremos propoñervos unha actividade en familia: anímadevos a preparar unha receita típica con espelta esta fin de semana! Traede un anaquiño ao centro para mostrar o producto final, e tamén estaría xenial que compartades algunhas fotos ou un pequeno relato sobre o proceso de elaboración.

Será unha forma estupenda de aprender xuntos e gozar dos sabores doutros lugares. Contamos con vós!

Empezamos xaneiro con ritmo: 5' de ZUMBA

Bo día, Vista Alegre! Feliz ano novoooooooooooo…….

Acabamos de chegar a un pais moi especial, pronto saberedes máis sobre o miña viaxe, pero hoxe veño con moita enerxía para propoñervos algo moi especial! Este venres, sobre as 11:00 da mañá, imos empezar o día movendo o corpo e cheos de alegría. Que vos parece se facemos ZUMBA durante 5 minutiños? É unha maneira estupenda de activar o corpo, mellorar o ánimo e comezar o día con ritmo e sorrisos!

Un adianto….Que sepades que temos 5 monitoras moi moi chachis!! Convido a todo o alumnado, profesorado e persoal do cole a unirse a esta pequena festa de movemento. Non importa se sodes expertos ou novatos, o importante é divertirse e dar o mellor de cada un.

Preparádevos porque o venres a música e a danza van encher o cole de enerxía positiva. Alí estarei, lista para bailar con vós!

Veña, a mover o esqueleto! Agárdovos o venres!
Unha aperta chea de chispa,
A Tía Chía

Próxima parada: Groenlandia

Paco e a Tía Chía continúan a súa emocionante viaxe arredor do mundo descubrindo culturas e superalimentos. Hai uns días fixeron unha parada en Groenlandia, unha terra de xeos e auroras boreais, onde tiveron unha experiencia inesquecible que agora nos contan a través deste vídeo que nos enviaron.

Que aprenderon? Que superalimentos descubriron nesta fascinante rexión do Ártico? Non vos perdades o vídeo para descubrir todos os detalles!

E agora… cal será o seu próximo destino? A que outro recuncho do mundo nos levarán Paco e a Tía Chía nesta aventura? Seguíde atentos para acompañalos nesta apaixonante viaxe!

COMPARTIMOS ALGUNHAS RECEITAS

Chegamos a Nueva York

 

Nova York é unha cidade enorme e chea de vida. Ten rañaceos altísimos, moitas luces brillantes e xente de todas as partes do mundo. É a cidade que nunca dorme! Algúns super alimentos:

  • 🥑 Aguacate: Perfecto para facer tostadas delicioooosas.
  • 🫐 Arandos azuis (blueberries): Pequeniños pero cheos de vitaminas! Estes días, os  estamos repartindo no comedor.
  • 🥬 Kale: Unha verdura verde moi boa para o corpo.

Benvidos a México: Un país cheo de cores e sabores! 🇲🇽

Mexico un país moi especial onde atopamos grandes desertos, selvas cheas de animais, volcáns impresionantes e praias fermosas! 

🌊Os Cenotes: Son pozos naturais de auga doce que se forman cando o teito dunha cova colapsa. 


🏝️ Tulum: É unha antiga cidade maia situada á beira do mar Caribe. 

🏛️ Chichén Itzá: É unha das sete marabillas do mundo moderno! É unha antiga cidade maia onde está a famosa pirámide de Kukulkán. 

Se visitas México, non podes perder estas marabillas cheas de historia e beleza! 🌿✨

Día de la Salud

O Día da Saúde 🌍💙

Cada 7 de abril celebramos o Día Mundial da Saúde, unha data especial para lembrar o importante que é coidar do noso corpo e da nosa mente. Ter boa saúde permítenos correr, xogar, aprender e sentirnos felices cada día.

Para estar sans, debemos seguir algúns hábitos moi sinxelos pero moi importantes:
Comer ben, con moita froita, verdura e alimentos saudables.
Beber moita auga para manter o noso corpo hidratado.
Durmir ben para ter enerxía e crecer fortes.
Facer deporte ou xogar ao aire libre, porque moverse é bo para o corazón e os músculos.
Lavarnos as mans para evitar enfermidades.
Ter unha mente positiva, rindo, falando cos amigos e pedindo axuda cando o necesitamos.

A saúde é un agasallo que debemos coidar cada día. Pequenos cambios na nosa rutina fan unha gran diferenza! 🎉💪

Coidémonos para estar felices e sans! 😊🏥

Marrocos

Marrocos conta cunha gran variedade de superalimentos que destacan polos seus beneficios nutricionais e o seu uso na gastronomía e medicina tradicional. Algúns dos máis importantes son:

Aceite de Argán 🥜

Coñecido como o “ouro líquido de Marrocos”.

Beneficia a pel, o cabelo e o sistema cardiovascular.

Dátiles 🌴

Fonte de enerxía natural, ricos en fibra, ferro e potasio.

Mellora a dixestión e achega enerxía duradeira.

Higos Chumbos 🌵
Alto contido en vitamina C e antioxidantes.

Azafrán 🌸
Coñecido como o “ouro vermello”.

Améndoas e Noces 🥜
Ricas en ácidos graxos saudables, proteínas e vitamina E.

Cúrcuma e Xenxibre 🌿
Teñen propiedades antiinflamatorias e dixestivas.

Canela e Anís 🍂
Melloran a dixestión e regulan o azucre en sangue.