O teatro, a oratoria e a palabra como motores de aprendizaxe e desenvolvemento persoal
Da man de Xela, o noso personaxe guía durante o curso 2026/2027, o alumnado realizará unha viaxe compartida desde Infantil ata ESO na que a palabra se converterá nunha ferramenta esencial para aprender, expresarse e medrar. O teatro e a oratoria estarán presentes ao longo de todo o curso como espazos de descubrimento, comunicación e creación.
Este proxecto busca ofrecer experiencias nas que o alumnado poida gañar confianza á hora de falar, compartir ideas, expresar emocións e descubrir a súa propia voz. A través de actividades dinámicas e participativas fomentarase a escoita, a creatividade, a empatía e o traballo en equipo, entendendo que aprender vai moito máis alá da adquisición de contidos: significa tamén crecer como persoas.
¡Comezamos co RETO 1 de XELA!
Xela ten unha misión moi especial para vós… recuperar unha lenda e traela ata o noso cole! 📖🌳
Para superar este primeiro reto, tedes que buscar unha persoa próxima —un familiar, unha avoa, un avó, unha veciña, un amigo…— que coñeza unha lenda, historia ou conto tradicional e conseguir que vola conte.
Despois, teredes que traer esa historia ao centro para compartila con todos nós. E podedes facelo da maneira que máis vos guste:
Nun vídeo contando ou representando a lenda.
Nun audio coa voz da persoa que vola contou.
Por escrito, recollendo a historia.
Ou incluso representándoa ou creando unha pequena peza teatral.
O importante é escoitar, preguntar, investigar e manter vivas esas historias que forman parte da nosa cultura. 💚
👀 Xela está esperando para descubrir todas as lendas que ides conseguir!
Aceptades o reto?
Esperámosvos!
