Vigo en Inglés
Á instancia da Concelleira de Educación, comunicámoslle que a Xunta de Goberno Local na súa sesión do 01/04/2024 adoptou o seguinte acordo: “Aprobar as bases reguladoras e convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa – Vigo en Inglés 2024 dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos”, que terá aberto un prazo de solicitude de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no diario local impreso de maior tirada .
Dado que o anuncio desta convocatoria publícase este venres 05/04/2024 no xornal Faro de Vigo, O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DO LUNS 8 ATA O VENRES 19 DE ABRIL, AMBOS OS DOUS INCLUSIVE, E O FORMULARIO DE SOLICITUDE XUNTO COA DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA DEBERÁ PRESENTARSE NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE VIGO (VÍA TELEMÁTICA OU PRESENCIAL).
Ao fío do anteriormente exposto, o xoves 4 e o venres 5, está previsto que reciban no seu centro educativo por correo postal, todo o soporte documental específico desta iniciativa didáctica municipal. En todo caso, achegámoslle, en arquivos adxuntos en formato PDF: Políptico e Cartel divulgativo do programa “Vigo en Inglés 2024” e comunicámoslle que toda a información actualizada sobre o asunto de referencia (bases, formulario de solicitude …) atopase nas webs https://escolasvigo.org/
OFICINA MUNICIPAL PROGRAMA “VIGO EN INGLÉS”