
Vigo en Inglés 2025
“Congratulations!!!”
Queremos felicitar aos nosos seis alumnos de 4º ESO por conseguir ser beneficiarios do programa municipal Vigo en Inglés, grazas aos seus méritos nesta lingua. Os nosos afortunados farán a súa estancia en Peterborough (Inglaterra) do 9 ao 27 de setembro.
Cada praza becada polo concello inclúe as tres semanas de estancia, o aloxamento e pensión completa alimenticia, a matrícula do curso intensivo de inglés, ademais da integración na escola Stanground Academy, os gastos de viaxe e transporte; as actividades de ocio e os monitores que se encargarán de atender as súas necesidades no lugar de destino..
Desde o centro augurámoslles unha experiencia moi enriquecedora e inesquecible, seguro que lle sacarán proveito as súas capacidades e aptitudes lingüísticas.
A nosa mais orgullosa noraboa!!!!
También te puede interesar
Reparto de leche y fruta
Campalegres y últimas fechas
