Regresar

VI Carreira Solidaria CVA

Malia que o tempo non acompañase, o noso alumnado encargouse de que hoxe fora un día de festa para celebrar como se merece unha nova edición da nosa carreira solidaria.
Como novidade este ano, e parece mentira que o destaquemos como tal, voltamos correr con normalidade deixando atrás as molestas máscaras e as distancias de seguridade, centrándonos unicamente en gozar correndo porque sabiamos que o faciamos por unha boa causa. Previamente quentamos motores escoitando e visionando a mensaxe de ánimo e agradecemento de Iago Aspas, padriño de excepción desta edición.
Como sempre, queremos destacar e agradecer a boa acollida desta iniciativa, xa que as aportacións recibidas de seguro van conseguir que moitas familias poidan celebrar estas datas como se merecen.

O profe Jose Luis

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *