Regresar
IX Carreira Solidaria

IX Carreira Solidaria

IX Carreira Solidaria Colexio Vista Alegre. 

Hoxe levamos a cabo a novena edición da nosa carreira solidaria, onde nenos e nenas, pequen@s e maiores, desfrutaron dunha mañá chea de simbolismo e solidaridade.

A novidade deste ano foi o dobre apadrinamento que tivemos. Por un lado, Jéssica Bouzas, natural de Vilagarcía de Arousa e tenista número 42 do ránking mundial; e por otra banda, Borja Iglesias, natural de Santiago e xogador do Real Club Celta de Vigo e da selección española de fútbol. Ambos felicitaron ao alumnado por esta iniciativa tan solidaria e sacaron un sorriso de ilusión a todos eles. A continuación, gravamos a nosa mensaxe de agradecemento e de felicitación navideña para ambos.

Xa so quedaba correr! Dende infantil a secundaria, tod@s aportaron o seu graniño de área dando voltas ao noso circuito e donando as súas aportacións para o banco de alimentos de Vigo.

Noraboa e grazas a todas as familias de todo o claustro e a dirección do centro!

Comunicado:

Bo día familias.

O vindeiro venres 12 de decembro, celebraremos con moita ilusión a IX Carreira Solidaria organizada polo mestre Jose. Un ano máis, esta actividade ten un obxectivo moi especial:

Axudar a quen máis o necesita

Nesta época tan sinalada, a solidariedade cobra aínda máis importancia. Por iso, colaboraremos co Banco de Alimentos de Vigo, levando a cabo unha recollida de alimentos non perecedeiros que serán entregados para apoiar ás familias que están a atravesar momentos difíciles.

Entre o xoves 11 e o venres 12, recolleremos no centro alimentos non perecedeiros (leite, galletas, conservas, pasta, arroz, cacao, aceite…).

 

Agradecemos de corazón a vosa solidariedade e a implicación que sempre demostrades. Seguro que compartiremos un día cheo de deporte, valores e compromiso coa nosa comunidade.

Moi pronto descubriredes quen será o padriño/madriña desta edición.

Grazas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *