Día da familia
¿Cal é o significado de familia para un neno ou nena?
A sociedade cambiou moito nas últimas décadas. Feito, que deu lugar a numerosas transformacións na concepción do termo familia. De feito, o modelo familia tradicional evolucionou, a medida que o facia a sociedade, para incluir novos tipos de familias, igual de válidas,onde,na actualidade, medran, plenamente felices, moitísimos nenos/as.
¿Pero que é realmente familia?
Na súa orixe, dita palabra proven do latín e significaba “grupo de servos”. Máis adiante ese termo sufriu un cambio, incluindo a esposa e os fillos do proxenitor masculino, ata derivar a que hoxe coñecemos na actualidade “unidade máis pequena da sociedade, composta por persoas vinculadas por un lazo de parentesco”
Por todos nós é coñecido que, na actualidade, existen diferentes tipos de familias tantas coma “un puñado de botóns”. E ese mesmo, é o titulo do libro que escollemos para realizar a nosa actividade para festexar o día da familia. Dita actividade, tal e como se pode visualizar no libro, consta de representar a nosa familia empregando botóns. Coa nosa proposta pretendemos fomentar a tolerancia, a diversidade e brindar ao noso alumnado referentes explicitos sobre os diferentes tipos de familias, de xeito que poidan verse reflexados e valorados, e así mesmo que comprendan que non existe un modelo perfecto de familia e que todas teñen o seu oco na sociedade.
Ata aquí pensaredes que non dixen nada novo, pero a novidade ven cando lle preguntamos ao noso alumnado que significa para eles o termo familia. Tras facerlles a pregunta a varios, é, verdadeiramente, sorprendente que todas as respostas resumense en “as persoas que te queren”. Os máis cativos, teñenno claro, non coma nós que complicamos todo un poquichiño máis. Para o alumnado a familia e a súa fonte de apoio incondicional. O significado que lle atribuen está totalmente vinculado os lazos que establecen, os valores transmitidos, os sentimentos xerados e todas esas cousas invisibles que contan cun valor incalculable. Para eles, é un concepto máis amplo e doado, xa que o definen como as persoas que te queren, que preocupanse por ti, que comprenden, que te axudan e nunca te deixan só cando máis o precisas. É curioso que o definan así, xa que ata os sete anos de idade non son plenamente conscientes das implicacións a nivel abstracto do que representa unha familia. Ainda así, son capaces de elaborar na sua a mente a idea do que signnifica unha familia e eso e debido as vivenzas afectivas experimentadas co seus pais, nais, irmáns, avós,etc…
Quizás non sepan explicar con claridade que é a familia, pero son plenamente conscientes do amor que reciben. E iso e máis que suficiente, porque o fin e o cabo, esa é a esencia de todo vinculo.