Regresar
Consello escolar

Consello escolar

CPR PLURILINGÜE SAN BLAS VISTA ALEGRE CONVOCATORIA PARA O SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL 

En cumprimento do establecido na Resolución do 27 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, procederase á constitución da Xunta Electoral do centro reguladora deste proceso. 

Para tal fin, realizándose as actuacións previas esixidas pola normativa vixente, convocamos a dous alumnos, dous mestres e a un PAS ao sorteo público para a designación dos membros (titulares e suplentes) que integrarán a devandita Xunta Electoral en representación de cada un dos sectores da comunidade educativa. 

DATA DE CELEBRACIÓN: Luns, 19 de outubro de 2026 HORA: 12:00 horas LUGAR: Secretaría do centro 

Aqueles membros que resulten elixidos no sorteo serán citados individualmente para proceder á constitución formal da Xunta Electoral dentro do prazo legal establecido, que discorre entre os días 20 e 26 de outubro de 2026, ambos incluídos. 

Vigo, 14 de outubro de 2026 

A Directora do Centro

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *