Regresar

8M – Día da Muller reflexado nalgunhas autoras galegas

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller, pero por que se celebra este día? Porque o 8 de marzo de 1875 centenares de mulleres dunha fábrica téxtil en Nova Iork, protestaron e manifestáronse pola desigualdade salarial con respecto aos seus compañeiros.

En España, a primeira manifestación autorizada polo 8 de marzo trala Guerra Civil, foi en 1977 e, en Galicia, houbo escritoras que mostraron a súa denuncia contra a desigualdade que sufría a muller mediante a composición literaria, como Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato, Concepción Arenal, ou Rosalía de Castro.

Temos que falar de Emilia Pardo Bazán como unha das nosas escritoras galegas que defendeu a promoción social, cultural e política da muller en artigos de actualidade e ensaios feministas:
"Aspiro, señores a que recoñezades que a muller ten destino propio; que os seus primeiros debe-res naturais son para consigo mesma, non relativos e de-pendentes da entidade moral da familia que no seu día poderá constituír, ou non constituír"
Emilia Pardo Bazán

Concepción Arenal quixo reivindicar a capacidade intelectual das mulleres e o dereito a recibir a mesma educación que os homes, o que fixo que quixese cursar estudos superiores, algo impensable naquela época. Polo tanto, decidiu asistir á Universidade vestida de home, xa que o acceso estaba vedado ás mulleres. Escribiu algunhas obras nas que reivindicaba os seus alegatos en defensa dos dereitos das mulleres, como A muller do porvir. Estivo en contacto con Pardo Bazán, quen defendeu a súa candidatura en 1890 para ocupar a vacante na Real Academia.

Non podemos esquecer falar dunha das escritoras galegas máis coñecidas, como é Rosalía de Castro, que destaca por ser unha das escritoras do período do Rexurdimento galego, pero tamén reivindicou a defensa dos dereitos da muller na súa literatura, como deixa entrever no prólogo da súa obra La hija del mar: “Porque aínda non se lles permite ás mulleres escribir o que senten e o que saben”. Ademais, tamén escribiu no seu libro Lieders, no que realiza unha declaración de liberdade como creadora e, polo tanto, da súa condición de escritora, algo impensable no século XIX, xa que a escritura estaba atribuida aos homes:

"Cando os señores da terra ameázanme cunha mirada ou queren marcar a miña frente cunha mancha de oprobio, eu río coma rin eles e fago, en apariencia, a miña iniquidade máis grande ca súa iniquidade. No fondo, non obstante, o meu corazón é bo; pero non acato os mandatos dos meus iguais e creo que a súa feitura é igual a miña feitura e que a súa carne é igual á miña carne”. Eu son libre. Nada pode contar a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rixe o meu destino"
Rosalía de Castro
Esta é soamente unha pequena mostra non só do enriquecemento cultural, senón da defensa dos dereitos das mulleres que xa realizaron autoras galegas no seu tempo.
Profe: Carla Mauricio

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *